Un mozo ferido tras esnafrarse contra un farol na Avenida Infanta Elena

Un mozo resultou ferido hoxe en Lugo nun accidente de tráfico. O vehículo no que circulaba, acompañado doutro rapaz que resultou ileso, saltou a mediana da Avenida Infanta Elena. O coche acabou esnafrándose contra o poste dun farol do alumeado público.

Unha persoa particular alertaba da situación ao 112 Galicia ás 13:45 horas.  Acto seguido, dende a central de emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Lugo. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local.

O mozo ferido acabou sendo evacuado polos efectivos sanitarios ao HULA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com