Un operario ferido de consideración ao caer dunha escaleira no Incio

Un operario resultou ferido de consideración esta tarde ao caer dunha escaleira mentres traballaba nun centro gandeiro no Incio. Sucedeu no lugar de Castragude, na parroquia da Cervela, ao fío das 13:20 horas.

Debido á gravidade do accidente, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar dos feitos.

Foron os efectivos sanitarios os que alertaron do ocorrido ao 112 Galicia. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com