Un portal dixital servirá de apoio e asesoramento a galegos Retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, adiantou que o portal dixital da futura Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado entrará en funcionamento o vindeiro mes de febreiro. O responsable do departamento autonómico salientou que esta ferramenta pretende dar resposta a unha das inquietudes máis frecuentes e compartidas pola colectividade galega retornada.

O responsable da Emigración do Goberno galego renovou así o seu compromiso con todos os galegos retornados e, nomeadamente, cos membros da asociación de venezolanos de Lugo, VeneLugo, con que mantivo un encontro acompañado do xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, Ramón Carballo, na sede da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na capital lucense. Á xuntanza asistiron arredor dunha trintena de socios da agrupación, que está a realizar un labor fundamental de información e orientación a todos os galegos que regresan desde o exterior á comunidade autónoma.

Os integrantes do colectivo, liderados pola súa presidenta, Karin Mago, e pertencente á Federación de Venezolanos en Galicia (Fevega), expuxeron a Miranda algunhas das súas necesidades e dúbidas máis urxentes, entre as que destaca a creación dun órgano que canalice as cuestións relativas ao regreso dos galegos que viven fóra das nosas fronteiras e á súa integración social e laboral na Galicia territorial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com