Un sexaxenario perde a vida nun accidente de tráfico en Chantada

Un home duns sesenta anos faleceu onte tras producirse unha colisión frontal entre dous turismos na N-640, entre o Polígono Industrial e o centro urbano de Chantada. Ademais, no accidente resultou ferida outra persoa, a ocupante do outro vehículo implicado, que foi evacuada ao centro hospitalario.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o sinistro rexistrouse ás 21:30 da tarde, cando os dous coches bateron de fronte e a vítima mortal quedou atrapada.

Ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Chantada, ao lugar do accidente acudiron os servizos sanitarios de urxencia, que só puideron confirmar o falecemento do home e trasladaron á ocupante do outro turismo para sometela a un recoñecemento médico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo