" />

Un Xulgado de Lugo condena a un garda civil e un exaxente por inxuriar a dúas maxistradas

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo condenou a un garda civil e a un ex axente deste corpo por intervir en foros de internet a través dunha páxina administrada pola Asociación Unificada de Gardas Civís e realizar “determinados comentarios con ánimo de desprestixiar a actuación profesional” de dúas maxistradas.

Un deles foi sentenciado a pagar unha multa de 5.400 euros por cometer dous delitos de inxurias á autoridade xudicial realizadas con publicidade, un deles continuado, e unha falta de coaccións leves. O acusado, ademais, deberá indemnizar a unha das afectadas con 3.000 euros e, á outra xuíza, con 1.500. A titular do Xulgado do Penal número 1 de Lugo sentenciou o outro sospeitoso ao abono dunha multa de 2.400 euros por cometer un delito de inxurias á autoridade xudicial realizadas con publicidade.

O imputado terá que pagar á prexudicada 1.500 euros. Das indemnizacións responderá solidariamente a Asociación Unificada de Gardas Civís, segundo indica a sentenza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo