" />

Unha ambulancia, retida en Fontiñas mentres se pintaba a sinalización horizontal

Varios lucenses fixéronse eco esta fin de semana da retención, durante uns cinco minutos, dunha ambulancia que trasladaba a un paciente crítico ata o Hula, en torno ás tres e media da madrugada do domingo na Avenida das Fontiñas.

O vehículo foi retido porque o persoal da empresa que traballa no pintado da sinalización da vía negouse a abrirlle o paso co argumento de que a rúa estaba cortada e se estropearía a pintura que acababan de aplicar. Unha situación que fai que os grupos da oposición esixiran esta mañá responsabilidades ao goberno municipal.

O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, explicaba hoxe que “se ben é normal que se aproveite o horario nocturno para facer este tipo de traballos” o que é “surrealista” é que se pare a un vehículo de emerxencias para que non estropee a pintura, sen dárlle unha alternativa de paso, ou sen un previo aviso que o prevenga para buscar otra vía alternativa.

“Creo que todos coincidimos en que debe haber un protocolo de actuación para que non quede en mans do operario de turno se pode ou
non pasar un vehículo”, explicaba Ameijide quen criticou que “o bigoberno só se pon as pilas e parece tomar medidas cando ocurren incidentes” lamentando que “sempre vaian a rebufo e sexan incapaces de anticiparse aos problemas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo