" />

Unha ducia de liñas de bus conectarán cada hora o centro coa contorna do río

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas avanzou contidos das novas liñas de bus. Segundo indicou o edil, “un total de 12 liñas conectarán cada hora o centro da cidade co entorno do río, en catro puntos distintos”. O Tenente de Alcalde precisou así que “dende a área de Mobilidade e Infraestruturas damos resposta a unha solicitude das máis repetidas polas veciñas e veciños con respecto ao transporte público”.

Cada 15 minutos pasará un bus das liñas 1.1, 1.2, 1.3 e 1.4 pola pasarela en fronte do Pazo Universitario. Da Ponte Romana encargaranse as liñas 7 e 10, da Fábrica da Luz e o parque da UNED, onde se accede á desembocadura do Rato co Miño, terán unha frecuencia de 30 minutos cubertas polas liñas 8 e 3 respectivamente.

“Seguimos traballando para que durante este ano se transforme a mobilidade en Lugo”, indicou o Tenente de Alcalde, que engadiu “coas novas liñas de bus e o resto de medidas que levaremos a cabo, agardamos concienciar á xente para que use o transporte urbano no lugar do vehículo privado, e avanzar cara a unha cidade máis ecolóxica e eficiente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo