Unha industria cárnica de Taboada inaugura novas instalacións

Este novo proxecto empresarial recibiu unha achega 61.000 euros, o 30 por cento do investimento subvencionable, a través do Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural da Xunta. Contará cun obradoiro para produtos frescos -carne en pezas ou picadas- e tamén cunha liña de procesado de carnes prensadas.

A inauguración destas novas instalacións asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Balseiro sinalou a importancia de que “medre o tecido empresarial da provincia” e especialmente as industrias vinculadas ao sector agropecuario “que aproveitan a extraordinaria calidade dos produtos propios e xeran valor engadido e emprego no proceso de transformación”.  Neste sentido, a nova industria sitúase en Taboada para estar preto das granxas produtoras de carne de porcino, vacún ou polo, e cubrir a demanda de preparados de carne e produtos cárnicos no sur da provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com