Unha muller perde a vida tras sufrir unha caída contra un pozo en Begonte

Unha caída contra un pozo resulta fatal para unha veciña da casco urbano de Begonte.

O tráxico suceso produciuse pasadas as once da noite, cando a vítima bateu contra a estrutura e acabou coa cabeza dentro sen que nada se puidese facer pola súa vida.

Para tratar de sacar á persoa, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Vilalba, mais o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, xunto cos axentes da Garda Civil, foron abondo para recuperar o corpo xa sen vida desta veciña, cuxa vivenda está situada na estrada en dirección a Rábade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com