Unha muller ten que saír polo parabrisas do seu coche tras un aparatoso accidente no Saviñao

Unha muller tivo que saír polo parabrisas do seu coche tras un aparatoso accidente no Saviñao. O coche que conducía saíuse da vía e deu varias voltas de campá, segundo relatou a propia afectada. A muller conseguiu abandonar o vehículo polo parabrisas coa axuda dun familiar, xa que co golpe as portas quedaran bloqueadas.

O sinistro ocorreu contra as catro desta tarde na estrada vella dende Escairón a Vilasante, no concello do Saviñao. A muller foi atendida polos servizos sanitarios de urxencia, aínda que o seu estado non revestía gravidade. Ela mesma chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Chantada e dos axentes da Garda Civil.

Os bombeiros procederon a limpar os restos do accidente despois de comprobar que a muller estaba liberada e accesible.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo