" />

Unha persoa ferida grave tras saírse da vía e arder o seu vehículo en Vilalba

Unha persoa resultou ferida de consideración tras arder o vehículo que conducía despois de saírse da vía á altura do lugar de Lanzós, no concello lucense de Vilalba.

Tras recibir a chamada de alerta de varios particulares, minutos antes das 11:00 horas de onte,  que advertían da posibilidade de persoas atrapadas e do vehículo en chamas, o CIAE, de inmediato, pasou aviso aos Bombeiros de Vilalba e aos servizos sanitarios. A Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil tamén se achegaron ao punto nada máis ser alertados polo persoal do 112 Galicia.

Os membros do parque comarcal confirmaron que testemuñas  que presenciaron o accidente lograron sacar ao único ocupante do turismo, polo que, non foi preciso o emprego do material de excarceración. Iso si, o coche estaba envolto en chamas. Ademais, indicaron que ao saírse da vía, o turismo, impactou contra unha caseta e comezou a arder. Ardeu o coche por completo.

O ferido foi trasladado en ambulancia polo persoal sanitario ao Hospital de Lugo con feridas de gravidade debido ao impacto e con diversas queimaduras no seu corpo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo