" />

Unha persoa perde a vida nun accidente en Trabada

O accidente tivo lugar moi preto da medianoite na LU-P-6101, á altura do punto quilométrico 6, ao seu paso pola parroquia de Sante, no termo municipal lucense de Trabada. De acordo coa información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar do sinistro, a persoa que conducía o turismo perdeu a vida ao saírse da vía e chocar contra un muro.

A chamada de auxilio foi rexistrada no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia ás 23:45 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para solicitar axuda para o condutor do vehículo.

Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros e dos membros do GES da Pontenova. Unha vez no lugar, os servizos de emerxencia soamente puideron confirmar o seu falecemento.

Para restablecer as condicións de seguridade na vía, tamén acudiron ao lugar os axentes da Garda Civil de Tráfico, os membros de Protección Civil da localidade e o servizo de mantemento das estradas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo