O accidente ocorreu arredor das 17:30 horas, no quilómetro 53 da LU-633. O particular que informou ao 112 Galicia indicou que bateran contra unha furgoneta, na que o condutor quedaba ferido e sen poder saír dela. O alertador ía nun camión con remolque.
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.
Os servizos de emerxencias acudiron ata a zona, pero non puideron evitar o falecemento do ocupante da furgoneta, o cal tivo que ser liberado empregando o material de excarceración.






