O Concello de Lugo pon en marcha un servizo de consultas sobre o PXOM

Dende a vindeira semana, o Concello de Lugo porá a disposición da cidadanía un servizo de atención técnica destinado a resolver todas as dúbidas con relación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal que, dende hai unha semana, é efectivo na súa totalidade.

Este servizo que dispensarase os martes, en horario de 9.30 a 11.30 horas. “As persoas interesadas en realizar calquera consulta sobre o planeamento local poderán concertar previamente a súa cita a través do teléfono 982.29.73.17 e recibirán un asesoramento específico sobre aqueles aspectos do documento dos que precisan aclaración”, sinalou a tenente de alcaldesa de Sostibilidade Urbana, Paula Alvarellos.

A responsable de Urbanismo tamén incidiu nos perigos de que particulares e colectivos canalicen as súas consultas por outras fontes diferentes que non sexa o persoal municipal cualificado do Concello, “que coñece pormenorizadamente o contido do Plan”, xa que “calquera outra transmisión do seu contido, de non ser exacto e fidedigno, pode propiciar equívocos ou interpretacións erróneas que dilatarán ou entorpecerán a posterior tramitación de calquera licenza ou título habilitante de natureza municipal”. Tamén afirmou que Administración local se desvincula de calquera outro asesoramento que a poboación poida estar recibindo “de maneira oficiosa”.

Segundo Alvarellos, nos últimos días foron moitas as consultas atendidas ao respecto do PXOM, das que “o 90% se resolveu de xeito inmediato a través de indicacións que se comunican directamente vía teléfonica, no mesmo momento da chamada, pero para aqueles casos máis complexos nos que esta alternativa non sexa resolutiva, o persoal municipal se reunirá persoalmente con quen así o solicite para ofrecer unha atención individualizada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com