Unha persoa sofre queimaduras a causa dun incendio nunha vivenda en Láncara

Os feitos tiveron lugar sovre as 13:00 horas da tarde de onte nunha casa unifamiliar do Lugar de Río, en Láncara.

O 112 Galicia recibiu o aviso por parte do persoal do Distrito Forestal da zona e doutros alertadores, que axiña solicitaron asistencia médica para un señor que tiña queimaduras na cara.

Decontado, foron informados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, finalmente, trasladaron o ferido.

Pola súa parte, os Bombeiros de Sarria fixeron fronte ao incendio, que afectou, fundamentalmente, á parte superior da vivenda, aínda que todo o inmoble sufriu as consecuencias do lume e do fume.

De momento, descoñecen as causa, pero os efectivos de extinción apuntan a un cortocircuito como a orixe do incendio.

No operativo tamén colaboraron os axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com