Unha veciña de Ribadeo atopa unha bolsa con ósos humanos en Rinlo

Unha bolsa con ósos humanos. Eso foi co que se atopou unha veciña de Ribadeo na porta da súa casa, na localidade de Rinlo.  Malia que todavía se descoñece a procedencia destes ósos e o autor de tan tétrico agasallo, crese que pode tratarse dos ósos dun nicho que, tempo atrás, era propiedade da muller.

O rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, referiuse hoxe a esta aparición sinalando que se trata dunha terrible falta de humanidade. O rexedor dixo que a Garda Civil contactou coa Policía Local para ver a posibilidade de que o Concello puidese custodiar eses restos no cemiterio municipal, pero finalmente non se realizou entrega
algunha.

Suárez Barcia explicou que “desde o Concello de Ribadeo descoñecemos este asunto que foi amplamente difundido a través dos medios de comunicación, de
feito esta situación de restos humanos non ten que ver cos únicos dous cemiterios de competencia municipal, que son o de Ribadeo e o de Ove”.

O alcalde sinalou que “nós soubemos hai días que a Garda Civil se puxo en contacto coa Policía Local para ver a posibilidade de se o Concello podía recoller ou custodiar uns restos humanos no propio cemiterio municipal, aínda que ao final non se chegou facer ningunha entrega por parte da Garda Civil”. O rexedor ribadense dixo que “en todo caso, e como valoración desta situación, máis aló das posibles faltas ou das responsabilidades que poidan existir nesta macabra actuación, xa que estes procedementos deben ter autorizacións administrativas, sanitarias, etc…, con independencia de se o cemiterio é municipal ou da Igrexa, a nós parécenos unha terrible falta de humanidade e de principios éticos esta situación que describen estas informacións de prensa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com