" />

Unha vintena de mozos participan nunha xornada da Xunta sobre o programa Erasmus+

Máis dunha vintena de mozos e mozas participaron hoxe na xornada sobre o programa Erasmus+ celebrada na Delegación Territorial da Xunta e promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da comarca de Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, asistiu ao acto de presentación xunto cos alcaldes de Friol e Guntín, José Ángel Santos e María José Gómez respectivamente, e o relator, Antonio Versace.

Versace, consultor de proxectos europeos e informador xuvenil, ofreceu pautas e consellos concretos para elaborar un bo proxecto que poida resultar seleccionado e financiado no marco do programa; tamén se realizaron pequenas sesións prácticas en grupos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo