Unha vintena de núcleos rurais de Guitiriz estrean estradas este setembro

Os veciños de algúns núcleos rurais de Guitiriz poden gozar dende este mes de 7 estradas renovadas que lles facilitarán o acceso ás súas vivendas.

As actuacións levadas a cabo consistiron na rexeneración do firme con aglomerado en quente, nun total de 15 quilómetros de 7 vías municipais. Concretamente, na parroquia de Pígara, arranxáronse tres estradas: a vía que vai dende A Revolta ata Porucelo, pasando por Casas Novas, Loureiros, e O Pazo. Tamén se mellorou outro ramal que pasa por A Castiñeira e Casa Muniño; e a vía que vai dende A Castiñeira ata Carretera.

Na parroquia de Pedrafita, acometéronse obras dende o enlace da estrada provincial LU-P-2303, pasando por O Pereiro, Lavandeira, Ximarás e Vieiro. Mentres que nos Vilares, as melloras leváronse a cabo dende a estrada provincial LU-P-2301, dende O Merendero ata a Carballeira do Cancelo, pasando por Nandulce, Coto, Fagundo e Lea.

Estas actuacións, financiadas polo Executivo Provincial, supuxeron un investimento de 256.000 euros. “Froito da aposta conxunta que mantemos pola mellora de dotacións públicas no rural, acometemos obras de renovación en accesos a tres parroquias do municipio, beneficiando aos máis de 800 veciños que fan uso destas vías a diario para acceder as súas vivendas, e mellorando, polo tanto, a súa calidade de vida”, explicou hoxe o presidente da Deputación, Darío Campos, en Guitiriz, onde supervisou estas estradas acompañado da alcaldesa da localidade, Regina Polín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com