" />

Unións Agrarias pide a gratuidade no transporte público para 18.000 mozos do rural de Lugo

O sindicato Unións Agrarias demanda a universalización dos beneficios da tarxeta ‘Xente Nova’ impulsada pola Xunta, para que todos os mozos e mozas do rural poidan tamén acollerse a gratuidade nos desprazamentos. Segundo está regulado na actualidade o uso do citado abono de transporte para xoves, as comarcas mais alonxadas das capitais e cidades galegas quedan marxinados respecto do rapaces que viven nas zonas periurbanas o que, segundo o sindicato, supón un novo elemento de discriminación para vilas e aldea.

A organización agraria lembra que a rendas das familias do rural son as que mais se teñen resentido nas súas economías, pola caída dos prezos en orixe das producións agrícola e gandeira e a falta de estabilidade dada a imposibilidade de asinar contratos con garantías para a venda dos seus produtos, xa sexa leite, carne ou patacas.

Desde o rural galego saudouse a declaración do presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijoo, de que esta ía a ser a lexislatura na que se puxeran en valor as vilas e aldeas de Galicia, polo que agora agárdase que se cumpra este compromiso tanto nas grandes políticas de desenvolvemento económico, como nas mais cativas, como é o caso das tarxetas Xente Nova.

Unións Agrarias incide ademais en que noutras rexións da Unións Europea se discrimina positivamente as xentes que poboan o medio rural posto que se ve como un activo estratéxico o seu traballo no mantemento da biodiversidade, a cultura e a diversificación económica. En Galicia a tendencia é xusto a contraria, recortes nos servizos público como a educación e a sanidade de proximidade o se

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo