" />

Urbanismo asina a acta de recepción das obras de urbanización na Duquesa de Lugo

O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, asinaba esta mañá a acta de recepción das obras, realizadas pola empresa local Avento, na Duquesa de Lugo, de forma que ao longo desta xornada a dotación quedará aberta de forma definitiva.

A actuación, que atinxe a unha superficie de 24.634 metros cadrados, enmárcase dentro do ámbito da urbanización que esta compañía promove no norte da cidade, fronte ao Centro Comercial “As Termas”.

O concelleiro lembraba hoxe que “os traballos desenvolvidos consistiron no desdobramento da marxe dereita da Avenida Infanta Elena, comprendida entre a glorieta 25 de Novembro e a nova rotonda á altura da residencia de maiores Abeiro Gold, así como a urbanización desta infraestrutura, garantindo na zona tanto o tránsito rodado como o peonil.

A intervención tivo en conta o Plan de Mobilidade e de Espazo Público do Concello de Lugo, segundo o cal se executaron beirarrúas cun ancho superior a 2’50 metros, carrís con tránsito de bus e vehículos pesados, cun ancho de 3,25 m, carril bici en dous sentidos así como a súa separación do resto da calzada por elementos específicos.

Miguel Couto aproveitou para lembrar que o polígono, que se divide en catro parcelas, unha delas cedida como propiedade municipal, atópase próxima ao futuro Barrio Multiecolóxico de Lugo e ao predio que acollerá o edificio Impulso Verde, “proxectos vinculados ao programa LIFE que promovemos e que creará un atractivo foco de actividade nesta zona”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 29, 2019 - 11:12 PM

    Valla por deus? Celelebrar algo que non pagou o concello. É para cando os cen metros que quedan?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo