" />

Usuarios demandan que as compañías de seguros lles devolvan unha parte dos recibos

Segundo puido saber Xornal de Lugo, moitos cidadáns e empresas comezan a solicitar ás compañías de seguros de automóbiles onde teñen asegurados os seus vehículos que lles reenvolsen parte do recibo, por mor de ter os seus vehículos parados pola declaración do Estado de Alarma e polo tanto, a imposibilidade de sufrir un sinistro.

Algunhas asociacións de consumidores están asesorando aos usuarios destes servizos para que reclamen dita devolución e do xeito de como facelo.

Para elo e necesario que, por escrito, se dirixan a súa compañía de seguros solicitando a devolución de parte do recibo, e logo de que a compañía lles responda, se é en sentido negativo, e parece ser, polas primeiras contestacións que así será, presentar un escrito de denuncia, xuntando a contestación da compañía, diante da Dirección Xeral de Seguros, organismo pertencente ao Ministerio de Economía para que resolva dita denuncia.

As asociacións de consumidores e usuarios, inciden na importancia de que cantas máis denuncias se presenten diante de este organismo, máis axiña se poderá resolver esta cuestión.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Nika If
    Abr 29, 2020 - 08:04 PM

    Y si hay un robo en el garaje?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo