" />

Usuarios dos hortos urbanos da Deputación celebran a I Festa da Colleita

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo participou na primeira festa da colleita que celebran os usuarios dos Hortos Urbanos da Deputación. Neste enclave de 10.000 m2, que engloba o Rato e Paradai, participan preto de 130 usuarios que cultivan 50 tipos de produtos da horta. Durante este encontro os asistentes participaron nunha degustación de produtos elaborados polos propios usuarios e colleitados nos hortos.

Ademais, durante esta xornada houbo sorteos, agasallos e sorpresas para todos os participantes. Fernández Queipo explicou “que esta iniciativa ten como finalidade celebrar unha xornada de convivencia entre os diferentes usuarios, co fin de que poidan intercambiar experiencias e ao mesmo tempo, poidan desfrutar dun tempo de lecer entre eles”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo