" />
Ribeira Sacra Cañóns

UU.AA. denuncia que as axudas da Xunta son “incobrables”

A Consellería de Medio Rural continúa coa campaña de anuncios de axudas económicas a produtores afectados polas calamidades climatolóxicas ou polas vagas de incendios. Segundo afirma o sindicato Unións Agrarias, á hora da verdade, estas axudas “resultan incobrables na súa grande medida, polo articulado que fixa a propia norma”.

O último exemplo é o referido a comunicación realizada o pasado 4 de novembro pola conselleira Ángeles Vázquez, na que se anunciaba que se poñía a disposición de gandeiros e agricultores un millón de euros para garantir o aprovisionamento de auga as explotacións. Unha axuda que non é nada desdeñable, aínda que se lemos algo máis, estes fondos só se poden destinar a rehabilitar pozos existentes e rexistrados, o que resulta en que quedan fóra desta liña de apoio as novas captacións de auga.

Despois das queixas dos produtores polo “absurdo de non acoller na norma novos pozos, cando os existentes están secos”, hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia anuncia que en determinadas circunstancias sí se autorizará perforar novas captacións, pero que haberá que solicitar o permiso a Demarcación de Augas correspondente (Cantábrico e Miño-Sil dependentes do MAPAMA e Galicia Costa dependente de Augas de Galicia).

Tendo en conta este novo anuncio da Xunta, Unións Agrarias continúa denunciando que a solicitude do novo permiso que se require pode tardar, dependendo da complexidade da tramitación, de un ano a 18 meses. Con todo esto, as axudas que se soliciten, probablemente quedarán fóra de praza para poder ser xustificadas,  porque, en palabras de UU.AA. “a Consellería establece como data límite de xustificación e solicitude pago o 30 de setembro de 2018”. Desde o sindicato Unións Agrarias pídese á Xunta de Galicia que “deixe de xogar coa desesperación da xente do rural, anunciando liñas de axudas que logo non son cobrables”.

“O mesmo ocorre coas anunciadas para cubrir os danos da xeada no viñedo que ían a estar dotadas de 11 millóns de euros na realidade a Xunta só destina 500.000 € para os viticultores que estean no réxime de autónomos, co que se exclúe ao restante 95%. Ou os 11 millóns para cubrir danos dos incendios que logo quedaron reducidos a só 1,5 millóns de euros para o agro, o que non cubre nin sequera as perdas ocasionadas polos lumes nas forraxes”, denuncia UU.AA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo