" />

UU.AA. insta a Feijóo a non esquecer o rural no novo modelo de financiación

Unións Agrarias vén de trasladarlle ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a necesidade de activar medidas de xustiza fiscal que poñan fin ao “maltrato” que os produtores galegos veñen recibindo por parte do Ministerio de Facenda. No escrito, a organización agraria lémbralle a Núñez Feijoo que nesta lexislatura, “lonxe de favorecerse o desenvolvemento e o equilibrio do medio rural, tal como prometera na súa investidura, está resultando a mais destrutiva en termos de rendas e cargas fiscais para os produtores”.

Así, á falta dunha resposta eficiente por parte da Consellería de Medio Rural diante das calamidades climáticas (xeadas, pedrazo e seca) que veñen sufrindo as explotacións agrogandeiras galegas, houbo que sumar a “voracidade recadatoria” que levou incluso a ser multadas persoas polo feito de botarlle unha man na colleita a parentes ou veciños, “tal como se ven facendo desde sempre en Galicia”, cando esas axudas sábense sempre puntuais e polas que non se percibe renda algunha.

“Unha teima por baleirar as rendas dos produtores presente no catastrazo co que se está facendo pagar aos agricultores e gandeiros polas construcións que son o seu medio de vida,  ou na redución de máis dun 20% da bonificación do gasóleo profesional, e tamén a limitación do complemento de renda que ter os pensionistas que venden castañas ou uvas, ou a campaña indiscriminada de requerementos fiscais que está ditando contra as explotacións gandeiras galegas”.

Unha acción sen precedentes, segundo a agrupación sindical, vai dirixida a tódolos produtores que fixeran cesións ou transmisións de dereitos do pago único da PAC, a pesar de que estas accións no tiveran carácter honeroso ao non existir transvase de diñeiro ou realizarse entre pais e fillos ou cónxuxes á hora da xubilación. Unhas axudas comunitarias que teñen o carácter de condicionadas, “posto que se conceden a labor medioambiental e o mantemento dun modelo de produción de alimentos con calidade e a prezos asequibles, polo que resulta moi discutible o trato fiscal que se lles dispensa”.

O sindicato UU.AA. vai a trasladar aos deputados e deputadas galegos no Congreso un informe no que se pon claramente de manifesto a necesidade de revisar de adecuar a sobrecarga tributaria que soportan os gandeiros e agricultores galegos, “a pesar da propagada da Xunta, de Impostos Cero para o Rural”, cos de outras zonas produtivas para poder competir en igualdade de condicións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo