UU.AA. pide a Medio Rural que non se agoche “detrás de mentiras no PDR”

Unións Agrarias (UUAA) condena a actitude do conselleiro de Medio Rural, José González, que ven de enviar unha misiva “electoralista” aos agricultores e gandeiros beneficiarios das axudas da Medida 10 do Programa de Desarrollo Rural (PDR) de Galicia, onde lles comunica que van seguir percibindo estas axudas prorrogadas no ano 2020, para desmentir as afirmacións do conselleiro nas que aseguraba que certas “organizacións afirmaron que estas axudas ían desaparecer en 2020, pero esa información non é veraz”.

Na misiva e segundo o sindicato agrario, o Conselleiro “esqueceu explicar” que estas axudas si desapareceran do Anteproxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2020, e tamén que altos cargos da Consellería anunciaran públicamente a súa desaparición nunha xornada formativa a máis de 100 técnicos en setembro de 2019, e que só houbo cambio de criterio da Consellería e se prorrogaron, a partires da campaña informativa de Unións Agrarias a agricultores e gandeiros, e das accións conxuntas co resto de socios do Comité de Seguimento do PDR de Galicia 2014-2020.

“Para comprobar estas falacias, basta revisar a documentación entregada no Parlamento antes da denuncia pública  de UUAA e a versión corrixida despois da mesma”, explica UUAA.

“O Conselleiro de Medio Rural pretende nesta nota propagandística agachar a súa actuación na supresión das axudas europeas á gandería de montaña e a de zonas desfavorecidas ademáis de deixar no ar as Medidas de Agroambiente e Clima para os anos 2021 e 2022, confiando nunha solución que poida dar a Comisión Europea nos próximos anos, pero téndose negado a garantir a súa continuidade na prórroga do actual PDR 2014-2020 enviada a Bruxelas o pasado mes de decembro, tal e como lle pediu Unións Agrarias”. A última vez que a Consellería do Medio Rural aplicou esta fórmula de fiar a modificacións normativas da UE unha solución transitoria para a prórroga das axudas, resultou na imposibilidade do pago destas axudas nos anos 2015 e 2016.

Así, de fallar a proposta de refinanzamento para os anos 2021, 2022 e 2023, como sucedeu no período transitorio dos anos 2014 e 2015, estas axudas quedarían sen convocarse por falta de respaldo financeiro.

A breve carta do Conselleiro remata cunha “inédita petición persoal” aos que a recibiron, para que lle subministren os seus datos persoais de contacto, correo electrónico e teléfono móbil, a fin de manter con vostede unha comunicación máis fluída. “Saltándose a normativa actual europea de protección de datos”, denuncia o colectivo.

Neste sentido, desde Unións Agrarias se lle deu traslado a Axencia Española de Protección de Datos copia da citada misiva, para que comprobe se a solicitude información persoal que se traslada aos produtores por parte da Consellería de Medio Rural na mesma. Incumpre a legalidade que contempla a norma, tal como considera a organización agraria y en tal caso actúe e depure as responsabilidades na vulneración desta norma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com