Vacacións

Hai uns días caeron sobre as nosas cabezas puñadas de xeo que estouraban no chan como balazos. Eran as dúas da madrugada, e o fenómeno aconteceu polas terras de Begonte sen que chegase a Lugo. A descarga poñía remate a temperaturas que facían sudar os reloxios dos automóbiles con máis de corenta grados, agudizadas nos que repousaban baixo un sol que se supón de xustiza.

Para que os rigores non nos toquen a todos, mentras Lugo disfrutaba de temperaturas tropicais, nas costas lucense e coruñesa saudaron alborozados o venres ao sol esquivo que prestaba atención excesiva ao centro da provincia. Agora, sen volver aos rigores experimentados, seoca todos imos ter sol compartido.

Sen negar ningunha evidencia de acción humana sobre o clima, estes rigores e alteracións existiron sempre, e hai medio século todos tiñamos a evidencia de que o tempo estaba algo tolo, sen axustarse a ningunha regla racional, porque a natureza réxese por razóns incógnitas e forzas incontibles.

Pisamos firmes un xullo vacacional que abre portas a praias e montañas, espazos abertos e tempos de contemplación, que aínda que o calendario non os marcase seguro están impresos nun adn que se vai conformando segundo avanzan tempos e progresos. Só nos queda deixarnos querer polas bondades climáticas cando nos acariñan, e admirarnos e agradecer os avances no estudo e prevención do tempo, que os especialistas poden ter algún erro pero polo xeral, “clávano”·

A todos – sigamos o ritmo habitual ou mergullémonos nas voráxines estivais – tranquilas vacacións. E cando volvamos á normalidade de cada día, que o mundo que nos reciba non teña variado moito, alomenos para peor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com