Valentín García Gómez será o primeiro pregoeiro virtual do Nadal en Begonte

Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, vai ser o primeiro Pregoeiro virtual do Nadal en Begonte que organiza o Centro cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén Electrónico de Begonte desde o ano 1972.

Nesta edición, a  XLIX do Nadal begontino, o Belén só se poderá ver de xeito virtual, a través da web www.belendebegonte.es, para o que a Fundacion Tic da Deputación Provincial de Lugo está preparando unha produción en tempo real para poder ser vista do mesmo xeito que se se asistise ao funcionamento do Belén na súa sede begontina.

Tamén virtual vai ser o Pregón do Nadal -o primeiro pregón virtual da historia do Belen e do Nadal begontino- que se gravará no mesmo Belén o próximo xoves, ás 13,00h., para logo ser difundida por Internet. Dende a organización agardan poñer en marcha a actual edición do Nadal de Begonte a mediados do presente mes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com