Varias denuncias por incumplir o “Estado de Alarma” e unha por Violencia de xénero

Por parte de efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio establecéronse diferentes dispositivos fixos e móbiles nas vías públicas da cidade para a comprobación e no seu caso impedir que se leven a cabo actividades suspendidas e velar polo cumprimento das limitacións sobre circulación de persoas e vehículos, impostas polo Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma en todo o país, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. No transcurso destes dispositivos levantáronse CINCO actas de infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción á Subdelegación do Goberno para cada un dos denunciados de 601 a 30.000 euros.

Detención por delito de violencia de xénero.

Sobre as 13:50 horas do día 17 de marzo, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, procederon á detención dun home, nacido no ano 1970 e veciño desta cidade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Os feitos sucederon cando unha veciña dun inmoble da Avenida de Fontiñas alertou ao 092 de que escoita berros dunha muller nunha vivenda do edificio. Os axentes inmediatamente acudiron ao lugar e desde o descansillo do piso escoitaron berros e discusión entre unha parella, accedendo ao seu interior onde unha muller denuncia aos policías que a súa parella, agora detido, a agarrou do pescozo e lle propinou un golpe na mandíbula. Á súa vez, o home alegou aos axentes que fora ameazado pola muller cun coitelo. Os policías proceden á detención do home e ao seu traslado a dependencias policiais para a instrución de dilixencias para o Xulgado competente, sendo trasladada a muller ao HULA para a súa atención médica.

Detención por desobediencia grave á Autoridade ou aos seus axentes.

Sobre as 16:10 horas do día 17 de marzo, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, procederon á detención dun home, nacido no ano 1991, como presunto autor dun delito de desobediencia e resistencia grave á Autoridade e aos seus axentes no exercicio das súas funcións. Os feitos sucederon cando o agora detido deambulaba por unha das rúas da cidade, sendo apercibido para que cumprira coas obrigacións impostas polo Real Decreto de declaración de Estado de Alarma. Que os axentes o atopan fóra do Fogar do Transeúnte, tombado nun banco. Unha vez advertido de que ten a obriga de cumprir co confinamento dentro da instalación e que podería ser proposto de sanción por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá e, de persistir, podería incorrer nun delito de desobediencia grave a axentes da Autoridade, o agora detido maniféstalles que se vai do lugar, tendo que ser interceptado polos actuantes, procedendo inmediatamente á súa detención e traslado a dependencias policiais onde se instrúen as dilixencias oportunas para o Xulgado de Garda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com