" />

Veciños da Pobra do Brollón coñecen de preto o Camiño de Inverno

Veciños da Pobra do Brollón completaron onte, derradeiro domingo de outubro, a primeira fase da actividade Coñece o teu Camiño, paso a paso. Unha proposta para realizar o Camiño de Inverno, organizada polo Concello da Pobra do Brollón a través do plan O Teu Xacobeo da Xunta.

En dez domingos, os veciños guímaros participantes percorrerán o Camiño de inverno dende Nocedo (Quiroga) ata Santiago de Compostela. En setembro e outubro se completaron as primeiras cinco etapas ata Rodeiro, provincia de Pontevedra. As cinco restantes, entre Rodeiro e Santiago, faranse en marzo do ano próximo.

Nesta primeira fase, participou unha media de 40 persoas en cada ruta; a maioría veciños da Pobra ademais dalgúns participantes do concellos limítrofes. ‘Consideramos a acollida un éxito e vai na liña na que levamos traballando uns anos xa para potenciar o Camiño de Inverno como un dinamizador económico do noso Concello. Como parte desta estratexia tamén estamos procurando a creación dun albergue na Pobra para fomentar que os peregrinos paren e que o Camiño teña máis repercusión na nosa comunidade’, comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

As rutas son gratuítas e inclúen o bus de ida e volta, guía oficial e unha visita de tarde a algún lugar de interese na zona próxima ao final de cada etapa. Nas primeiras cinco rutas visitaron a Igrexa de San Miguel de Eiré en Pantón, o Ecomuseo de Arxeriz, o Pazo de Sabadelle e a Igrexa de Ventosa, unha xoia descoñecida da escultura medieval. As persoas empadroadas no Concello teñen prioridade, aínda que a participación tamén está aberta a persoas non empadroadas ata completar as prazas do bus.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo