Veciños de Albeiros reclaman melloras no barrio

A asociación veciñal de Albeiros, da que é Presidente Fernando Rois Rois, chama ás distintas administracións con competencias a que se impliquen para resolver antigas demandas da veciñanza do barrio, que, afirman, “o paso do tempo converteu nunha imperiosa necesidade”. Dende a asociación solicitan, nunha misiva aos medios, entrevistarse con responsables da Xunta, da Deputación e do Concello para “expoñerlles as carencias e necesidades urxentes do barrio”.

A demanda veciñal mais urxente e que, segundo explican os veciños, afecta á seguridade das persoas é a demolición do tapón urbanístico que invade a Rúa Fisterra provocando un risco continuo para os veciños que transitan continuamente por alí cara Lugo.

Esta rúa de titularidade autonómica está afectada polo planeamento municipal cuxa execución é competencia do Concello de Lugo “polo que solicitamos unha entrevista con cada unha destas administración para tratar da eliminación deste risco para as persoas”, insisten.

A Asociación xa solicitou unha entrevista co Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo ao que lle expoñerán este problema para instalo a que o resolva na maior brevidade coa colaboración do resto de administracións implicadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo