Veciños de Valadouro e Alfoz reclaman na UMAR un servizo de pediatría

Unha avalancha de  vecinos dos Concellos do Valadouro e Alfoz acheagáronse ate a Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións(UMAR) colocada no centro de saúde de Valadouro, que a Plataforma Sanitaria desplaza o terceiro martes de cada mes a un centro de saúde da comarca, para facer reclamacións en demanda dun servizo de Pediatría para a zona.

O volumen de nais e país de ambos concellos que se desplazaron a cumplimentar os formularios coas queixas era tal, que mesmo se formaron colas bastante longas. Ate alí tamén se desplazaron representantes das ANPAS dos colexios de Alfoz, Valadouro e do I.E.S. Alfoz-Valadouro. A estas queixas sumáronse as dos veciños que quixeron reclamar agardas excesivas en outros servizos como rehabilitación, oftalmoloxía ou traumatoloxía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo