Veciños do Sagrado Corazón convocan unha mobilización contra os okupas

A asociación de veciños do Sagrado Corazón ‘Porta de Lugo’, vén de anunciar a convocatoria dunha concentración protesta ante á vaga de ocupacións ilegais que está a vivir o barrio. Baixo o lema Stop Okupas, os veciños saíran ás rúas da zona, este sábado 26 de febreiro a partir das 12 do mediodía.

Así, a concentración terá lugar na avenida Adolfo Suárez entre a rúa Venancio Senra e a rotonda Sierra de Meira.

Malia que o  obxectivo final do colectivo veciñal é despedir aos numerosos okupas da zona, o certo é que a mobilización vén acompañada de varias peticións ás institucións. En primeiro lugar, os veciños reclaman ao Goberno do Estado que, de forma inmediata, dispoña a nova lexislación anti – okupacións. “O propietario ten dereito á súa propiedade desde o minuto un da ocupación”, consideran os veciños.

Asemade, piden á Xunta de Galicia, “solucións habitacionais” para persoas con dereito, ademáis da creación da Lei de vivenda de Galicia así como a negociación para liberar “xa” os pisos e locais que permanecen okupados no barrio.

Por último, a asociación ponlle deberes tamén ao Concello de Lugo, ao que require que non inscriba en Padrón a ningunha persoa que non sexa propietario nin arrendatarios legal da vivenda. Do mesmo xeito, piden que se realice, dende o Goberno local, un censo de locais e pisos baleiros que se atopan en estado ruinoso.

Por último, o colectivo ‘Porta de Lugo’ pide ás institucións competentes  que non se aporten axudas sociais a persoas que vivan en estado de okupación ilegal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com