" />

Versos e imaxes de Xela Arias iluminan monumentos e lugares simbólicos na súa vida

No marco da programación institucional do Día das Letras Galegas da Xunta, unha decena de monumentos e lugares especialmente
simbólicos na vida e obra de Xela Arias estarán iluminados con versos e imaxes da autora desde hoxe e ata finais de mes. Empregando a técnica do vídeomapping, a iniciativa estará presente en centros de ensino nos que estudiou Xela Arias como o instituto IES Castelao e
o colexio CEIP de Sárdoma-Moledo, ambos en Vigo, ou o Colexio Fingoi de Lugo, así como na súa vila natal, na Casa do Concello de Sarria.
Tamén se iluminarán coas frases escollidas da autora a sede central da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, o Museo do Mar de Galicia en Vigo, así como centros de especial interese das Letras Galegas e da poesía como a Casa de Rosalía, en Padrón, a Residencia
Literaria 1863 na Coruña, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago, o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro situado no Mosteiro de San Salvador ou a Catedral de Mondoñedo.
Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia visibiliza entre a cidadanía a obra da autora homenaxeada difundindo fragmentos dos seus poemas. Esta proposta inclúese na programación institucional do Día das Letras Galegas que está composta por medio cento de actividades para divulgar o legado da autora en toda Galicia con accións no eido literario, expositivo, deportivo, musical ou escénico. As actividades están descentralizadas por toda a Comunidade e terán como acto central o propio Día das Letras, na cidade de Vigo.
Unha palabra para Xela
No eido dixital, o Goberno autonómico tamén está a realizar estes días nas redes sociais a iniciativa Unha palabra para Xela xunto a máis de 30 académicos, familiares e amigos da autora. Trátase dun conxunto de 31 minipezas audiovisuais que conforman un retrato
colectivo da autora. Conta coa participación de académicos da lingua galega, familiares e amigos e tamén doutras persoas que tiveron relación coa autora. Cada un deles, elixe en unha palabra que destaca a calidade que, na súa opinión, mellor define a homenaxeada ou retrata un trazo persoal, faceta ou obra da autora que valora especialmente.
Mestra, nena, inconforme, transgresión, editora, intempestiva, independencia, alegría, exploradora, vangarda ou magnética son algúns dos termos que irán debuxando un retrato colectivo, canda lecturas de fragmentos de poemas e textos da autoría da propia homenaxeada. A emisión da serie está activa desde o 1 de maio, e desenvolverase ata o día 31 con palabras e lecturas de académicos da Real Academia Galega (RAG), escritoras e escritores, compañeiros de profesión e proxectos ou familiares, entre os que se encontran Rosario Álvarez, Margarida Ledo Andión, Víctor Freixanes, Xosé Luís Méndez Ferrín, Chus Nogueira, Ramón Nicolás, Chus Pato, Clara Pino, Fernando Abreu, Ana Iglesias, Darío Gil, Amparo Castaño, ademais do propio conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.
A produción conta coa colaboración da produtora Arraianos e das persoas participantes e estase a espallar baixo o cancelo #unhapalabraparaXelaArias desde o Portal da Lingua Galega www.lingua.gal e tamén desde as redes sociais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo