Victoria do Club Deportivo Lugo e do Ribeira Sacra Breogán nos partidos desputados esta fin de semana

Club Deportivo Lugo, gañou por 3 a 2 ao Deportivo Alavés na trixésima xornada da Liga Adelante.
Provisionalmente, os lucenses son décimos con corenta e un puntos, doce de vantaxe sobre o descenso e a cinco da sexta posición. Os vermello e brancos acumulan a súa cuarta vitoria consecutiva na casa.

Escoitamos a valoración posterior ao partido do adestrador Quique Setién:


Pola súa banda, Ribeira Sacra Breogán venceu ao Ourense por 73 a 75, no derbi que se desputaba este fin de semana.
Os celestes foron por detrás no marcador durante practicamente todo o partido, aínda que uns grandes minutos finais, valeron para sumar unha vitoria moi valiosa para os lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo