Victoria do Ribeira Sacra Breogán, empate do Club Deportivo Lugo e eliminación do Burela da Copa de España

Na crónica deportiva desta fin de semana, victoria do Ribeira Sacra Breogán ante o Palencia por 74-58. Unha das citas máis esperadas no Universitario rematou en festa para os milleiros de siareiros que non quixeron perder o encontro ante o Palencia. O Ribeira Sacra dominou no segundo e terceiro cuarto, suficiente para gañar con claridade ao equipo palentino.

Club Deportivo Lugo empatou ante o Zaragoza a ceros no estadio de La Romareda. Provisionalmente, os lucenses son décimos, con trinta e oito puntos.

Por último, o Burela F.S despediuse da Copa de España de Cidade Real 2015, fronte ao Jaén Paraíso Interior cos penaltis como verdugo, nunha cita na que tomaron a iniciativa no marcador os mariñáns con vantaxe 0-2, que o rival puido reducir con xogo de cinco, e igualou a tan só 6 segundos para o final.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com