" />

Vidal-Pardo: “A falta de dilixencia de Méndez condicionará o futuro económico da nosa cidade”

O concelleiro de Cs Juan Vidal-Pardo, valorou esta mañá a sentenza do TSXG que condena ao Concello de Lugo a pagar 2,5 millóns de euros por perder a Fábrica da luz. «Esta sentenza confirma o que desde Ciudadanos levamos denunciando desde fai anos. Xa cualificamos en varias ocasións a Fábrica da Luz como un negocio ruinoso para o Concello de Lugo. Un proxecto municipal que naceu marcado polo desastre e que evidencia que este executivo non esta cualificado para administrar a cidade xa que, ademais da súa falta de dilixencia, empéñase en arrastrar as hipotecas herdadas co único obxectivo de tapar a nefasta xestión levada a cabo durante anos polo PSOE», sinalou.

Trátase da crónica dunha morte anunciada que comezou coa autorización para o inicio das obras en maio de 2015, á que seguiron os requerimentos da empresa concesionaria e da Confederación á esta administración, que si por algo se caracterizou en todo este proceso foi polo súa dilación nas respostas, e a súa inoperancia que se materializou na solicitude da empresa para rescindir o contrato en 2017, e que hoxe termina co anuncio desta sentenza demoledora para o futuro das arcas municipais.

Neste mesmo senso falaba tamén o Partido Popular; que esixía esta mañá o inicio inmediato do proceso para que os políticos socialistas, que tiveron responsabilidades cando “deixaron caducar” o permiso de explotación da fábrica da luz, sexan os que paguen, do seu peto, os 2.5M€ da indemnización que vén de ratificar definitivamente, nas últimas horas, o TSXG.

O popular Antonio Ameijide anunciou esta petición tras coñecerse o “último varapau xudicial” e acolléndose ao acordo unánime do
pleno do pasado mes de xuño no que, a instancias do PP, se acordou reclamar que “se inicie de forma inmediata o expediente para reclamar de oficio, e por vía administrativa, a responsabilidade das autoridades públicas políticas neste asunto”. A intención dos populares é que “os 2.435.332,16 € da indemnización derivada da nefasta xestión da concesión deste servicio a paguen os políticos socialistas responsables e non os lucenses”. Os populares entenden que “esta sentenza é firme xa que só se permite un recurso de casación no caso de que haxa un erro dentro do xuizo, non sobre o fondo da cuestión”.

Os populares lembran como as sentenzas dictaminan que o gobeno municipal é “o único culpable da frustración definitiva e non subsanable dese contrato foi o Concello” tamén indican que “existiu unha actuación neglixente e que o Concello de Lugo non contestou aos múltiples requerimentos que lle efectuou a Confederación Hidrográfica para a solicitude da prórroga que evitase a caducidade da concesión e a consecuente rescisión do contrato”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Dec 16, 2020 - 09:24 PM

    ¡¡ cajontodoloquesemenea !! A cidadanía de Lugo é parva ou qué. Mira que podendo votar o fasciodereitismo do PP/Cs pa gobernar a cidade, van e votan o socialindependentismo do Psoe/bng.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo