Vilalba Aberta convoca aos xubilados á loita contra o actual sistema de pensións

Vilalba Aberta ven de anunciar a vindeira celebración dunha asemblea aberta informativa coma resposta, din, ás “políticas do saqueo encamiñadas á desaparición do Sistema Público de Pensións”. A convocatoria, fixada para as 12:00h do sábado 24 no Hostal – Restaurante Terra Chá, pretende en palabras do seu voceiro, o edil Modesto Renda, “confluír cos xubilados/as de hoxe e mañá, co fin de organizar xunto á veciñanza a defensa dun dos dereitos históricos máis sensibles e necesarios tanto para traballadores/as coma para os autónomos”.

É por isto, que chamou á “participación masiva” nunha grande asemblea encamiñada a mobilizar e informar ao colectivo pensionista do concello. Un encontro, que contará coa presenza do economista vilalbés, Manuel Roca Cendán, ademais da do vicevoceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo