" />

Vilalba Aberta denuncia a falta de control municipal na reciclaxe dos plásticos do silo

Vilalba Aberta trasladará ao vindeiro e último Pleno Ordinario da lexislatura a problemática relativa ao “descontrol municipal” na reciclaxe dos plásticos do silo nas parroquias. Unha denuncia, que chega logo de contrastar o seu voceiro e Candidato á Alcaldía, Modesto Renda, o “deixamento de funcións” do Goberno Municipal, en relación coa situación de “incumprimento sistemático da normativa municipal” establecida polo mesmo en sesión plenaria.

“O Goberno Municipal é o encargado último de velar por que os plásticos de uso agrícola se depositen nos lugares da parroquias especificamente habilitados” declaraba esta mañá un Modesto Renda, que afeou a “total pasividade do Goberno Municipal e máis do Alcalde”, pois, remarcou, “de nada serve establecer a norma se non se traballa e fiscaliza o seu correcto cumprimento”.

As parroquias escollidas para comezar coa acción á que fai referencia, foron, a comezos de 2018, Codesido, Ínsua e Alba e os puntos de recollida de plásticos de silos consistiron en recintos de 15 x 15 metros valados perimetralmente cun muro e una valla, nos que se podía entrar con furgoneta.

Progresivamente, o resto das parroquias contaron con puntos de recollida similares para, en palabras do Alcalde, “intentar controlar os vertedoiros”.

“A acción estaba motivada, segundo explicou no seu momento o alcalde, porque na época de apertura de silos, os plásticos que non se recollen correctamente son moi contaminantes…. e que nos atopamos un ano despois? Descontrol na reciclaxe; colectores non habilitados cheos ao carón das vivendas; e ao mesmo Alcalde que sacaba peito, coleccionando no despacho os sucesivos avisos e reclamacións”, sentenciou o Candidato.

Na mesma liña se pronunciará o vindeiro mércores, trasladando ao Pleno as desoídas reivindicacións veciñais e a fin de arranxar un problema que, tal e como lembran dende a formación, “carrexa un impacto social moi negativo, tendo en conta ademais dos problemas de salubridade, o impacto pouco decoroso que pode xerar nos visitantes que se achegan ao Concello nos meses previos ao verán.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo