" />

Vilalba Aberta pedirá que o Concello garanta as liñas de autobús suprimidas pola Xunta

A asemblea de Vilalba Aberta ven de anunciar a súa derradeira iniciativa, a defender no vindeiro Pleno Ordinario de Novembro, e que irá decidida a responder contra a inacción do Goberno Municipal do Concello de Vilalba, logo de que a Xunta de Galicia implantase, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a última fase do seu Plan de Transporte co cese na actividade das máis importantes liñas de transporte público entre a vila de Vilalba e as súas parroquias.

Un feito, que para a formación asemblearia representa “nun Concello onde unha moi grande porcentaxe da veciñanza é maior e se concentra maioritariamente nas parroquias, a práctica eliminación do único medio de transporte co que contan”, asegura a agrupación. Na mesma liña se pronunciaba hoxe o seu voceiro, Modesto Renda, que cualificou a política de transportes da Xunta e a complicidade do Goberno Municipal coma “un ataque sen precedentes, en tanto que vai supor para unha boa parte dos maiores das parroquias unha complicación engadida ou mesmo a imposibilidade de acudir ao médico e/ou de iren facer as súas xestións á vila.”

Neste senso, lembrou que foron varios os veciños e veciñas de parroquias tales coma San Simón, Samarugo, Lanzós, Corbelle e Goiriz, os que nos últimos días se viron obrigados a iniciar unha recollida de sinaturas para manifestar a súa desconformidade. “Protestan pola supresión do servizo regular de transporte que unía as parroquias coa vila, en definitiva, fronte o illamento ao que se verán reducidos/as no contexto dunha situación que non fai senón que afondar na vergoñenta fenda entre o núcleo urbano e os que o son do rural no noso Concello.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo