" />

Vilalba aberta pedirá no pleno a renovación da calella da Avenida Terra Chá primeira

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades da veciñanza. Logo dunha xuntanza coas representantes da Comunidade de Veciños Avda. Terra Chá 82/84, a formación municipalista vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretenden dar resposta ás demandas dos seus residentes, pola vía da renovación e mellora da calella que da acceso ao seu garaxe.

Coñecida como Travesia Avda. Terra Chá Primeira, trátase dunha vía pública que, ademais de ó citado, dá servizo directo a outros dous garaxes lindeiros e comunica a Avenida Terra Chá coas rúas Mondoñedo e do Calvario.

Dende hai máis de tres anos, estes veciños veñen reclamando do goberno local que se atenda esta solicitude; mais, tal e como lamentou o voceiro da formación, Modesto Renda, “ninguén os está a escoitar.”

Renda, que criticou as “solucións parciais en forma de parche”, como as acometidas no contexto das obras de acondicionamento da Avenida Terra Chá, adiantou que Vilalba Aberta esixirá tamén a inclusión desta “necesaria actuación” na negociación dos Orzamentos para 2022.

Unha opinión compartida pola súa compañeira e vicevoceira da formación, María Xosé Fernández, quen non quixo deixar pasar a oportunidade para agradecer a confianza dos veciños/as do edificio para, de seguido, apelar ao consenso de todos os grupos políticos con representación no Concello de Vilalba, con vistas a atender unha reivindicación que debera facerse efectiva “na presente anualidade.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo