" />

Vilalba acollerá en maio un ciclo de cine galego, con filmes galardoados nos Mestre Mateo

O Auditorio Municipal de Vilalba acollerá durante o mes de maio as proxeccións dos filmes galegos Ons de Alfonso Zarauza, A illa das mentiras de Paula Cons, Arima de Jaione Camborda e Lúa Vermella de Lois Patiño.

A Deputación de Lugo e a Academia Galega do Audiovisual promoven, coa colaboración do Instituto de Estudos Chairegos, este ciclo de cinema galego, que reúne as catro películas finalistas aos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor Longametraxe.

As proxeccións  realizaranse os sábados 1, 15, 22 e 29 ás 19.30 horas con entrada de balde, previa inscrición para garantir o control da capacidade e o cumprimento das medidas de prevención fronte á Covid 19.

“Desde a Academia Galega do Audiovisual trasladáronnos á necesidade de ampliar o eco dos Mestre Mateo e reforzar a difusión do cinema galego nun ano no que as restricións obrigadas pola pandemia condicionaron a actividade nas salas comerciais. Con ese obxectivo puxemos en marcha este ciclo, que permite desfrutar na pantalla grande das mellores filmes galegos do momento”, explicou a vicepresidenta da Deputación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo