Vitoria do Breogán na súa visita a Logroño

Importante vitoria do Breogán en Logroño ante Cocinas.com nun partido no que os de Lisardo Gómez foron de menos a máis. O equipo celeste, pasou de ir perdendo con desvantaxes de máis de 10 puntos no inicio do encontro, a remontar e dominar con claridade na segunda metade do partido con Álex López e Matulionis como homes máis destacados en ataque.

O resultado final do encontro foi 84-98

O vindeiro compromiso do Breogán será o vindeiro venres 11 de decembro ás 20:45 horas no Pazo dos Deportes, ante Unión Financiera Oviedo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com