O voceiro municipal asegura o abastecemento de auga para a cidade

O voceiro municipal, Miguel Fernández, falou hoxe acerca da alerta por seca que xa se extende nalgún concello da provincia. Fernández asegurou que aínda que o problema”é importante”, ao Concello de Lugo non lle afecta en gran medida, “salvo nalgunha vivenda illada no rural”.

O voceiro municipal aseverou que o abastecemento de auga na cidade de Lugo estaba asegurado pese á escaseza en certos manantiais. En canto ás solucións, o Concello propón cumprir coas recomendacións de uso responsable da auga tanto a nivel municipal na limpeza das rúas e nos regadíos como a nivel veciñal; pero polo de agora nin establecerán cortes no subministro nin porán a traballar o depósito co que conta o Concello en Penarrubia.

“Que controlen Calde”

O voceiro municipal aproveitou tamén para responder ás denuncias feitas onte polo edil o PP, Manuel López, quen asegurou que había numerosos verquidos incontrolados de augas fecais no río Miño ao carón da captación da depuradora.  Neste eido, Fernández asegurou que o Concello é coñecedor desta situación e está a traballar para solventala. De paso, o voceiro municipal lanzou a pelota ao tellado dos populares e lles pediu que foran “a controlar os verquidos do Hospital de Calde”, centro sanitario dependente da Xunta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com