" />

Volve baixar a cifra de casos activos de Coronavirus na Área de Lugo

De novo volve baixar o número de infectados por Coronavirus na Área sanitaria de Lugo. Nas últimas 24 horas a cifra cae en sete persoas menos. tamén baixan os novos contaxios dos 15 de onte aos once de hoxe.

Pola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.987, deles 686 son da área da Coruña, 253 da de Ourense, 488 da de Pontevedra, 857 da área de Vigo, 400 da de Santiago e 82 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 158 en unidades de hospitalización e 2.785 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 118.373 persoas curadas, rexistrándose 2.394 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.116.820.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.415.912.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo