Xacio Baño presentará o seu último filme ‘Trote’ en Codex Cinema

O éxito dos Codex Cinema xa é unha realidade na cidade de Lugo, e para continuar con este bo arranque este venres as salas de cine acollerán a estrea de Trote, un filme dirixido polo cineasta mariñán, Xacio Baño. O filme vén de presentarse con éxito no Festival Internacional de Cine de Locarno e no de Donostia, dous dos máis importantes do mundo, fitos que sitúan a Baño como un dos cineastas galegos e españois de maior proxección internacional, cunha carreira en constante crecemento despois dun lustro traballando no formato curto.

Este gran filme estrearase nos Codex Cinema ao mesmo tempo que nas salas de toda España. E para conmemorar a este director, as novas salas lucenses acollerán dous e ata tres pases diarios que culminará coa visita do cineasta o xoves, 20 de decembro a partir das 19.30 horas, para presentar a película e ter un encontro posterior co público.

En Codex Cinema perseguen a idea de achegarse ao público e que estes poidan ser partícipes da programación; que vexa os cinemas como un espazo propio, de relación e conexión.  Así, a empresa considera unha honra poder contar coa presenza dun cineasta recoñecido internacionalmente e da nosa terra.

Ademáis, o director do filme estará acompañado pola produtora da cinta, Luisa Romeo. Así, Codex Cinema agradece a Frida Films e a Atera Films (distribuidora da película en España) a súa grande disposición e traballo que fai posible este encontro.

Esta visita marca o compromiso que Codex Cinema quere ter cos filmes e coa cultura que se fai en Galicia, por iso queremos que Trote teña consideración de gran estrea, como se fose o noso blockbuster particular. Agardamos que a proposta de cinema galego e en galego teña recoñecemento nos espectadores. Vai ser o primeiro dunha serie de encontros que en Codex queremos ter regularmente cos creadores galegos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com