A Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum, a Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Lugo, entidades privadas e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organizan o I Maxistral Cidade de Lugo.
No torneo, que se disputará no Albergue Lug 2, o xogarán dez xogadores e será válido para ranking internacional como tamén para a obtención de norma de Mestre Internacional da Federación Internacional de Xadrez. Cada xogador terá 90’ + 30” por xogada para levar a cabo toda a partida.
Os torneos maxistrais son torneos pechados, xeralmente a dez xogadores, cuxo obxectivo é que xogadores locais poidan xogar contra xogadores internacionais e vaia collendo experiencia internacional. Os xogadores da Escola Luguesa de Xadrez que participan neste importante evento temos a Pablo López cunha clasificación internacional de 2156, Carlos Casares con 2128, Alejandro Domínguez 2386 e Rubén Domínguez con 2369.
Como xogadores máis destacados está o Gran Mestre Letón, Ilmars Starostits, con 2492, o Mestre Internacional Portugués, Ventura Sousa, e o Mestre Internacional de Aruvia, Jael López, con 2418 e o novísimo Mestre fide holandes, Siem Van Dael, con 2252 que este verán logrou quedar quinta no European Youth Chess Championship 2019 Open 16, empatado ao segundo posto con sete puntos.
E os demais xogadores convidados está o Mestre Fide da Coruña, Jose Sande, con 2245 e o Mestre Fide Murciano, Aaron Alonso, con 2247. A entrada é totalmente gratuíta para que os espectadores que queiran animar ás promesas lucenses poidan facelo.