Xosé Manuel Barreiro declarou a Radio Líder Lugo que Elena Candia está a facer un magnifico traballo

O presidente do Partido Popular declarou onte nunha entrevista a Radio Líder e xornaldelugo.com que Elena Candia “está a facer e fixo un traballo magnifico ao fronte do Grupo Popular Provincial” e engadiu que “pódese preguntar a todos os alcaldes do Partido Popular na provincia e a todos os portavoces e farán unha valoración altísima”.

Á pregunta polo ofrecemento da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, a presidir a Deputación de Lugo se o Partido Popular acada unha maioría suficiente, Barreiro declarou que  ve o posicionamento de Arias como lexitimo e “como un feito positivo para o Partido Popular, que haxa dúas persoas con  experiencia, capacidade e coñecemento da provincia que estean dispostas a asumir esa tarefa” e comentou “que aínda pode xurdir algún candidato máis disposto a asumir o cargo”. A partir de aí, o partido proporá un nome ao Comité Electoral Nacional, que será quen, en definitiva, dea o visto e prace ao candidato/a.

A entrevista poderase escoitar o vindeiro luns 16 de marzo ás 13:00 horas en Radio Líder Lugo  (107.6) e a traveso de internet na páxina www.xornaldelugo.com en Radio Líder. Asemade a partir do martes poderase ver en xornaldelugo.com TV.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com