Xosé Miranda Ruíz gaña, co poemario As torres abolidas e baixo o lema Príncipe inconsolable, a XXIII edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia co patrocinio da Xunta de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 44 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Míriam Ferradáns como secretaria e integrado por Marica Campo, Manuel Filgueiras Fernández e Modesto Fraga Moure como vogais, tivo lugar ás 18.30 h na Sede Afundación Santiago de Compostela .
No acto estiveron presentes, ademais dos membros do xurado, Anxo Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e Pedro Otero, director xerente de Afundación.
Nesta edición, Afundación incrementou a dotación do galardón, que a partir desteano ascende a un total de 7.000 euros.