" />

Xosefa Ortiz de Galisteo ‘Nenoso’, candidata do BNG á alcaldía da Fonsagrada

O BNG presentou á candidata á alcaldía da Fonsagrada para as eleccións municipais de maio. A candidata será Xosefa Ortíz de Galisteo, coñecida como Nenoso, que manifestou que “somos conscientes dos potenciais que temos e queremos explotalos para formar entre todos unha Fonsagrada viva”. As propostas do BNG irán encamiñadas, segundo explicou a alcaldable, á construción dun modelo económico no municipio,  sostible, e con futuro que xere emprego de calidade “e contar cos servizos necesarios tanto na vila como nas parroquias”.

A candidata do BNG afirmou  que A Fonsagrada precisa dun proxecto “onde a cabeza e o corazón estean nos veciños, onde saiamos do abandono do rural”. O BNG da Fonsagrada propón así un proxecto que recupere a ilusión dos veciños e que “rompa coas desfeitas do goberno socialista” que durante os últimos 15 anos non recolleu todas as necesidades reais da veciñanza.

Nenoso lembrou que “o BNG ten unha proposta que demostra, ano tras ano, e ten como aval os concellos onde goberna, e é a chave da transformación real para construír concellos onde o benestar dos veciños e veciñas é o eixo fundamental”. A candidatura do BNG ten como obxectivo desenvolver os recursos que o concello da Fonsagrada posúe e transformalos nun modelo de vida que ilusione e satisfaga as necesidades da veciñanza, para agora e o futuro.

Novas relacionadas

  1. Manuel Curiel
    Manuel Curiel
    Mar 23, 2019 - 08:11 PM

    Ánimo

    Reply
  2. Lucia Barcelos
    Lucia Barcelos
    Mar 22, 2019 - 08:08 PM

    Eu tamen

    Reply
  3. Matu Fernández Fernández
    Matu Fernández Fernández
    Mar 22, 2019 - 08:02 PM

    Ánimo, Nenoso.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo