A Xunta apoia a incorporación de mozos ao rural con 3 millóns de euros

A Xunta de Galicia vén de abonar, no que levamos de ano, máis de tres millóns de euros en axudas directas para a primeira instalación e incorporación de mozos ao rural, unha cifra que, segundo comunicou esta mañá o ente autonómico, se irá ampliando ao longo dos próximos meses.

O obxectivo destes apoios, en palabras do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, “é favorecer o relevo xeracional no sector agrario e gandeiro da provincia e contribuír a revitalizar o medio rural lucense mediante o asentamento de poboación”.

Cos últimos datos oficias (correspondentes á convocatoria de 2016) un total de 268 persoas menores de 40 anos víronse beneficiadas destas axudas na provincia o que dá imaxe á Xunta do peso específico que o medio rural lucense ten no conxunto da comunidade, supoñendo preto do 40% do total de beneficiarios desta axuda en toda Galicia.

Doutra banda, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza colabora co Concello de Pedrafita do Cebreiro achegando unha axuda de 22.400 euros para a adquisición dunha camioneta de dobre cabina modelo pick-up.

O delegado territorial explicou que este apoio supón unha subvención do 80% do custe total deste novo vehículo do que se beneficiará este municipio. A achega corre a cargo do Fondo de Compensación Ambiental, vinculado ao canon eólico, que xestiona este departamento autonómico previa solicitude municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com